EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

D’Berna e Godeval, premiados na Cata dos Viños de Galicia

Conseguían o acio de ouro tinto e o de ouro en brancos, respectivamente neste certame
Os premiados tras recibir os galardóns da Cata dos Viños de Galicia.

A Consellería do Medio Rural vén de facer pública a listaxe de ganadores da XXIX Cata de Viños de Galicia. Nela o acio de ouro ao mellor viño tinto de Galicia conseguíao Lagariza. Finca Millara da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, mentre que o premio ao mellor tinto da comunidade recaía en Paco&Lola da D.O. Rías Baixas.

Por denominacións de orixe, o acio de ouro en Valdeorras en brancos conseguíao Godeval e en tintos D’Berna. No caso de Monterrei a acio de ouro tinto era para Setembro 16 e o de brancos para Quinta das Tapias. Colección 2016 godello. O acio de ouro tinto na Ribeira Sacra distinguía a Adega Vella de Jorge Feijóo. E no Ribeiro, en brancos o acio de ouro era para Pazo Casanova, o de prata para Mauro Estévez e o de bronce para 4F. Catro Ferrados.

Había asemade viños do Ribeiro, da Ribeira Sacra e de Monterrei premiados noutras categorías como a de añadas anteriores, elaboración con madeira ou viños de colleiteiros e pequenas adegas.

Un dos momentos da entrega de premios.

Artigos relacionados

Back to top button