EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

De Alimentaria á Feira do Viño do Ribeiro

A Asociación de Colleiteiros do Ribeiro destaca os bos resultados de Alimentaria e as positivas puntuacións logradas polos seus viños na revista The Wine Advocate
Stand da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro en Alimentaria./ Foto cedida pola Asociación de Colleiteiros do Ribeiro.
Stand da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro en Alimentaria./ Foto cedida pola Asociación de Colleiteiros do Ribeiro.

Recén chegados de Barcelona, onde participaban na mostra Alimentaria, os Colleiteiros do Ribeiro súmanse á 53ª Feira do Viño desta denominación que se desenvolverá do 29 de abril ao 1 de maio no recinto da Alameda de Ribadavia. Regresan contentos pola experiencia de Alimentaria, “que ten sido todo un éxito, importadores de todas as partes do mundo interesáronse polos viños dos Colleiteiros, foron catro días frenéticos nun certame que recibiu visitas de máis de 42.000 profesionais do mundo do viño. A próxima edición será dentro de dous anos, pero no 2017 temos outra cita nacional igual de importante, Fenavin”, adianta o presidente da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro, Brais Iglesias.

Ademais dende esta entidade resáltase as positivas valoracións sobre os seus viños que aparecen na prestixiosa The Wine Advocate.  “Publicáronse hoxe os resultados da cata de Luis Gutiérrez para a revista The Wine Advocate, onde 16 viños de Colleiteiros obtiveron 91 puntos ou máis. A nosa máis sinceira felicitación para eles, entre todos os viños de Colleiteiros catados e publicados obtívose unha puntuación media que supera os 89 puntos”, resalta Brais Iglesias.

Luis Gutiérrez en Castrelo de Miño, coas botellas de viño catadas./ Foto cedida pola Asociación de Colleiteiros do Ribeiro.
Luis Gutiérrez en Castrelo de Miño, coas botellas de viño catadas./ Foto cedida pola Asociación de Colleiteiros do Ribeiro.

Dende a Asociación de Colleiteiros do Ribeiro espérase que durante a fin de semana s asistentes á Feira do Viño “podan tamén constatar a calidade dos viños dos 28 colleiteiros e as 12 adegas alí presentes”, sinala o seu presidente.

 

Artigos relacionados

Back to top button