SanidadeÚltima hora

De Nai a Nai organiza unha charla sobre os dereitos do neno hospitalizado

Tiña lugar na tarde do 18 de novembro e impartíaa a asesora legal vianesa Ana María García
Ana María García, na charla impartida no local de De Nai a Nai no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Ana María García, na charla impartida no local de De Nai a Nai no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

De onde xurden os dereitos do neno hospitalizado, cales son e como se poden reclamar. Nestes tres puntos centrábase a conferencia que impartía no Barco na tarde do 18 de novembro a vianesa Ana María García, asesora legal e consultora especializada en igualdade de xénero e dereitos das mulleres.

“O importante é coñecer cales son eses dereitos, ter a información porque así teremos a certeza e a seguridade cando esteamos nunha situación deste tipo”, explica esta nai e asesora. Tamén enumeraba cada un deses dereitos comezando polo “dereito do neno a non estar hospitalizado se o tratamento pode facerse de maneira ambulatoria” ou o dereito do cativo a “estar acompañado dos seus pais, ou da persoa que os substitúa, no caso de estar hospitalizado.

Nesta charla-coloquio abordábanse os dereitos do neno hospitalizado./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Nesta charla-coloquio abordábanse os dereitos do neno hospitalizado./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Esta charla-coloquio, organizada por “De Nai a Nai. Grupo de Apoio á lactancia e crianza con apego” en colaboración con Femlegal, permitía tamén un intercambio de experiencias e opinións entre as nais asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button