CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

De Nai a Nai amosa no Barco que “outra educación é posible”

Karina Román ofrecía unha charla na tarde do 25 de maio no local desta entidade barquense de apoio á lactancia e crianza con apego

Máis alá da educación convencional hai alternativas. Así o explicaba Karina Román, rodeada por dous dos seus tres fillos, na charla que impartía na tarde do 25 de maio no Barco. Levaba por título “Outra educación é posible. Aprendizaxe espontánea e autorregulada” e nela transmitía a súa experiencia neste eido aos pais e nais presentes no acto, organizado por “De Nai a Nai. Grupo de apoio á lactancia e crianza con apego”.

Esta educación alternativa caracterízase por seguir o ritmo do cativo, en lugar de fixar obxectivos en función da súa idade, “é unha aprendizaxe autorregulada polo propio neno”, matizaba Román.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button