CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

De Vacas, Chotokoeu e Ruxe Ruxe, na noite do 11 de agosto en Viana

Estas actuacións, que terá lugar na praza Maior, forman parte do programa do III Xostra Rock que abrirá as festas patronais desta vila
O grupo De Vacas./ Foto: Carlos G. Hervella.

O III Xostra Rock encetará en Viana do Bolo o programa das festas patronais da Asunción e San Roque, que terán lugar entre o 11 e o 16 de agosto. Este festival botará a andar apartires das 21:30h. na praza Maior da vila cun cartel con tres grupos de referencia.

Así sobre o escenario vianés actuará De Vacas, banda que se fixo famosa con versións galegas de temas de forte actualidade. Logo poderá verse a Chotokoeu, grupo de folck-rock con raíces na cultura tradicional; e Ruxe Ruxe, banda de rock, cunha recoñecida traxectoria.

“Estamos ante un festival con grupos con diferentes sonoridades pero cun denominador común: a importante calidade e a sua conexión cos amantes da boa música”, asegura o alcalde de Viana, Secundino Fernández, ratificando o “compromiso do Concello de Viana do Bolo coa cultura galega, coa música e coa mocidade, adicándolle un día das festas patronais e cun cartel de moita importancia”. Ese mesmo día tamén haberá unha festa da escuma especialmente pensada para o divertimento dos máis pequenos da casa.

O programa festivo continuará con diversas propostas culturais e lúdicas ata o 16 de agosto.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button