CulturaCulturaGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

Décimo Xuño Bruto volve cruzar o Lethes

Multitude de persoas se congregaban no parque do Toural de Xinzo para ver a recreación do inicio da conquista da Gallaecia

Erguendo o corpo de Beltaine, líder dos castrexos límicos, as tropas romanas retirábanse dun campo de batalla ateigado de castrexos caídos. Era a escena final da gran batalla entre romanos e castrexos coa que se completaba a recreación histórica do que significaba o primeiro paso do Imperio romano na conquista da antiga Gallaecia: o cruce de Décimo Xuño Bruto do río Lethes, o lendario río do esquecemento. Multitude de persoas se congregaban as beiras do Limia e no parque do Toural na tarde do 21 de agosto para asistir a este espectáculo.

Era un dos actos centrais da Festa do Esquecemento de Xinzo que se celebraba entre os días 19 e 20 de agosto. Pouco despois tiña lugar o gran desfile das tropas de Décimo Xuño Bruto e das hordas castrexas polas rúas da localidade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button