En portadaÚltima hora

Decretada a situación 2 nun incendio forestal en Viana do Bolo

Segundo as primeiras estimacións da Consellería do Medio Rural, afecta unha superficie dunhas 100 hectáreas en Tabazoa de Umoso e o lume permanece activo

 

A Consellería do Medio Rural vén de informar da activación da Situación 2, como medida preventiva, no incendio forestal rexistrado no concello de Viana do Bolo, parroquia de Tabazoa de Umoso, “por proximidade do lume ao núcleo de poboación de Umoso”.

 

Este incendio comezaba onte, 24 de setembro, ás 20:44 h. da tarde e agora permanece activo. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 100 hectáreas. No lugar levan traballado 3 axentes, 14 brigadas, 8 motobombas, 2 pas e 3 avións.

 

Artigos relacionados

Back to top button