EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticulturaXIX Feira do Viño de Valdeorras

Deliciosa ruta de pinchos elaborados con viño, no Barco

Ponse en marcha a I Ruta de Pinchos-Feira do Viño de Valdeorras

Os días 7 e 8 de xullo desenvolverase no Barco a I Ruta de Pinchos-Feira do Viño de Valdeorras. Neste circuíto participan un total de 15 establecementos que ofrecen ao prezo de 1,5 euros orixinais e diferentes propostas elaboradas con viños valdeorreses, godello e mencía.

Esta iniciativa está promovida pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), O Barco Centro Comercial Aberto (CCA), o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e o Concello do Barco.

Nesta galería de fotos poden verse pinchos dalgúns dos locais participantes na ruta (por esta orde): Piquiño Restaurante, Café Bar Lisboa, Café Bar Divino Paseo e 13 / 14.

Circuíto de pinchos da ruta:
– Pazo do Castro: salpicón con vinagreta balsámica de godello
– Café Bar Lisboa: carrilleiras de tenreira ao viño tinto
– Restaurante Fernando III: San Fermín
– Casa Galaica: pincho Galaica
– Vinum: peixe branco en crema de godello
– Café Bar Divino Paseo: escalopín de xamón en redución de godello á crema de tres queixos
– Piquiño Restaurante: carrilleiras de porco ao mencía con escuma de pataca e cogomelos
– 13/14: solombo rustrido con champiñóns
– La Pampa: solombo con redución de mencía
– Taberna O Buraco: costela de porco ao viño tinto
– Agarimo: milfollas de solombo con salsa Teriyaki de mencía
– Excalibur: chourizos ao inferno
– Café Bar San Roque: tenreira en salsa de arandos e viño tinto
– La Maltería: patacas bravas con moruno
– Bar Futuro: mexillóns con salsa de godello

Numerosas persoas desfrutaban xa na xornada do 7 de xullo desta deliciosa oferta de pinchos.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button