A derradeira xornada da XX Feira do Viño de Valdeorras en imaxes

Multitude de persoas acudían na pasada fin de semana do 15 e 16 de xullo á praza de Viloira (O Barco) para degustar os viños das 17 adegas participantes na XX Feira do Viño de Valdeorras. Ademais de catar godellos e viños tintos como o mencía, tamén participaban das actividades programadas dende a organización. Había propostas para maiores, como actuacións musicais e un showcooking, pero tamén para os máis pequenos con inchables e diversos obradoiros.

Nestes dous días pola mostra pasaban máis de 8.000 persoas, segundo os datos que vén de facer públicos o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Nesta galería de fotos propoñemos un percorrido pola derradeira xornada da feira, na que tamén se entregaban os premios da cata oficial. Na tarde do domingo tocaban a charanga NBA e, xa pola noite, Os Broders.

Tras finalizar a mostra, algúns dos membros de organización, adegueiros e colaboradores, ademais de asistentes á feira, descansaban e repoñían forzas cunha cea na mesma praza de Viloira.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis fotos e información:
http://www.osil.info/feira-vino-de-valdeorras-conclue-premios-mais-de-8-000-visitantes/

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies