CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Desaloxado o CEIP de Vilariño de Conso por precaución

No CEIP Pena Corneira de Carballeda de Avia os alumnos non puideron asistir ás clases por “incidencias no transporte escolar”
Exterior do CEIP San Martiño de Vilariño de Conso.

Malia que na provincia de Ourense non houbo peche como tal de centros escolares, si se rexistraban algunhas incidencias. Así, segundo informaba a Consellería de Educación, “no caso do CEIP Pena Corneira, no concello de Carballeda de Avia, o centro abriu as súas portas pero os alumnos non puideron asistir ás clases por incidencias no transporte escolar”.

Ademais tamén se informaba de que o CEIP San Martiño de Vilariño de Conso “foi desaloxado esta mañá pola proximidade lo lume”. Malia que non había incendio nesta localidade decidíase, por precaución, tomar esta medida pola cercanía das chamas a  zonas próximas e pola posibilidade de que puidese haber problemas no transporte.

Dende a Consellería de Educación ínstase  a que “se extreme a precaución naquelas zonas onde haxa incidencias por mor dos incendios forestais e lembra que os propios directores dos centros educativos poden decidir suspender a actividade lectiva de cambiar as circunstancias”.

A Consellería seguirá de preto a evolución da situación, caso por caso, para determinar se é preciso suspender a actividade lectiva en días posteriores.

Artigos relacionados

Back to top button