OurenseÚltima hora

Desarticulados tres puntos de venda de droga na provincia con seis detidos

O Carballiño, Xinzo de Limia e A Gudiña foron os lugares onde se realizaron ditas detencións
Foron incautados 9.100 gramos de marihuana, 1.500 gramos de haxix, cocaína e heroína.

Desarticulados tres puntos de venda de drogas, a pequena e a mediana escala, situadas en O Carballiño, Xinzo de Limia e A Gudiña. Esta actuación foi levada a cabo pola Comandancia da Garda Civil de Ourense, dentro da Operación Imperio, e saldouse un total de seis detidos como presuntos autores do delito de tráfico de drogas: J.V.B, veciño da Gudiña de 51 anos; D.B.C, veciño de Barbadás de 33 anos; Y.C.G do Carballiño de 27 anos; S.V.V.M de orixe venezolana e tamén veciña do Carballiño, de 33 anos; J.F.R.A, de 43 anos tamén veciño do Carballiño e R.O.G, orixinario da Mezquita de 41 anos.

Segundo apuntan fontes da Garda Civil, durante os últimos días os axentes realizaron catro rexistros domiciliarios, incautado 9.100 gramos de marihuana e 1.500 gramos de haxix, así como pequenas cantidades de cocaína e heroína, cun valor no mercado de 30.000 euros. Asemade, tamén foron incautadas 4 básculas de precisión, un revólver e abundante munición, dous turismos e unha grande cantidade de cartos en metálico.

Os detidos e os efectos intervidos foron postos a disposición xudicial do Xulgado de Instrución número 1 do Carballiño, que determinou o ingreso en prisión para tres dos detidos.

Dende a Garda Civil aseguran que a operación segue aberta e non descartan que haxa máis detidos nas vindeiras horas.

Artigos relacionados

Back to top button