Monográfico Moda veránMonográficos

Deseño, estética e formación, da man

A mostra Xoves Creadores de Valdeorras trasládase ao IES Lauro Olmo para inaugurar as III xornadas da modae
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

O traballo, a iniciativa e o talento son importantes á hora de levar a cabo calquera tipo de creación, pero a formación é básica. Por iso, este ano as xornadas da moda do Centro Comercial Aberto O Barco (III Xornadas Modaberta) botaban a andar precisamente nun centro educativo, o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

A biblioteca do instituto barquense era o escenario elexido para a inauguración da Exposición Xoves Creadores de Valdeorras.

Durante unha semana, permaneceu exposta, unha pequena mostra dos traballos de tres deseñadores barquenses (tres modelos de cada un) que xa participaron nas anteriores edicións das xornadas: Ana Paradelo, Irene Lameiro e Rubén González. Este último foi o único dos tres, presente na inauguración á que tamén asistiron o alcalde do Barco Alfredo García, a concelleira de Turismo e Comercio Irene Dacal, a presidenta do CCA Charo López e a directora do IES Lauro Olmo Amparo Folla.

No acto que tamén inauguraba as Xornadas Modaberta 2012, o propio Rubén agradecía no seu nome e no dos seus compañeiros “que nos sigades apoiando e dando esta oportunidade”.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Especial Moda de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button