ConcellosÚltima hora

Detidas dúas persoas no Barco por tráfico de droga

Esta operación, denominada SACRAS, iniciábase o pasado mes de xullo e continúa aberta
Material incautado na operación./ Foto: OPC de Ourense da Garda Civil.
Material incautado na operación./ Foto: OPC de Ourense da Garda Civil.

No marco da operación SACRAS o Equipo da Policía Xudicial do Barco da Garda Civil procedía a detención o 15 de setembro ás 23:00 horas de J.G.S, de 29 anos de idade e de S.S.F, de 21 anos, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, tráfico de droga. Estas dúas persoas son veciños do Barco, segundo se informa dende a Oficina Periférica de Comunicación (OPC) de Ourense da Garda Civil.

A Operación SACRAS poñíase en marcha o pasado mes de xullo, tras ter coñecemento dun punto de venda de droga na estación de ferrocarril barquense. Así, despois de levar a cabo varias investigaciones, o pasado día 15, a Garda Civil interceptaba un vehículo no que circulaban os dous detidos, e despois de realizar un rexistro, “localizábanse 330 gramos de cannabis sativa, agochada baixo o asento do condutor e envasada en bolsas ao vacío, posiblemente destinada á venta ao menudeo”, segundo a nota emitada pola OPC.

Ademais, a operación proseguía levando a cabo un rexistro no seu domicilio, “onde se incautaron 30 gramos de heroína, e 40 gramos de cocaína, todo preparado en bolsas para a súa venda, así como 18 teléfonos móbiles, unha pistola de aire comprimido, diñeiro en efectivo, e básculas de precisión”.

Esta operación continúa aberta.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button