OurenseÚltima hora

Detido un vigués como presunto autor dun lume en Xinzo de Limia

O incendio do que se lle acusa produciuse o pasado 15 de agosto e queimou unha hectárea de terreo próxima a unha vivenda e a unha granxa
O detido xa tiña antecedentes por queima de rastrellos.// Foto: Carlos G. Hervella.

A Garda Civil vén de informar da dentención dun home en Vigo como presunto autor dun incendio forestal en Os Blancos, Xinzo de Limia. A detención foi realizada na mañá de hoxe, 18 de outubro, ás 08:00 horas. O detido responde ás iniciais de M.A.M.N, de 55 anos, e veciño da cidade olívica.

Dita detención, apuntan os axentes, fíxose grazas á colaboración cidadá. Asemade, as mesmas fontes confirmaron que esta persoa xa contaba con antecedentes por queima de restrollos, polo que todo apunta a que o incendio polo que se lle acusa comezou sendo unha queima controlada.

Segundo as informacións achegadas polo instituto armado, o incendio foi declarouse o pasado 15 de outubro “nunha finca propiedade da familia do detido”, situada na paraxe de Barrucadas, “onde se viu afectada unha hectárea de monte arborado”. Dende a Guardia Civil aseguran que o lume estivo a escasos 300 metros dun núcleo urbano e a 200 metros dunha granxa. Para a extinción do incendio foron necesarias, din na Garda Civil, foron necesarias dúas brigadas de extinción e dous camións motobomba.

O detido pasará a disposición xudicial mañá, 19 de outubro ás 9:30 horas, no Xulgado de Xinzo de Limia.

Artigos relacionados

Back to top button