ConcellosÚltima hora

Detidos tres carballineses por seres os presuntos autores dun roubo na igrexa de Arcos

Os efectos roubados da igrexa foron recuperados.

Tres veciños do Carballiño, M.B.J de, 43 anos; R.B.D de 30 anos; e M.T.V, de 34 anos, foron detidos onte, cara ás seis da tarde, pola Guardia Civil do Carballiño como “presuntos autores de varios delitos de roubo con forza”. Segundo indicaron dende o Instituto Armado, estas substraccións foron acaecidas nos dous últimos meses na demarcación carballinesa. Entre os delitos que se lles imputan están dous roubos no interior de vehículos, sete roubos en segundas vivendas e un roubo na Igrexa de Arcos, cometido durante a noite do 23 de marzo. Dende a Guardia Civil sinalan que se recuperaron varios efectos e do roubo da igrexa recuperouse a totalidade do substraído.

Esgos

Por outra banda, a Guardia Civil de Esgos, tomou manifesto, en calidade de investigado, a L.M.M. de 63 anos e veciño de Pereiro de Aguiar, como presunto autor dun delito de denuncia falta, ao formulares, din, unha denuncia o 30 de xaneiro na Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Ourense por un suposto delito de estafa por cargos na súa conta bancaria. O importe de devanditos cargos, sinalaron dende a Guardia Civil, foi de 200 euros. Segundo as investigacións, púidose comprobar que ditos cargos foran realizados polo investigado.

Artigos relacionados

Back to top button