ConcellosÚltima hora

Día da Natureza na Serra da Enciña da Lastra, en Rubiá

Un grupo de escolares visitaban o Centro de Interpretación deste parque natural e soltábase un gavilán
Escolares do colexio de Rubiá visitando o centro de interpretación do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.
Escolares do colexio de Rubiá visitando o centro de interpretación do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.

Os escolares do CEIP de Rubia “Virxe do Camiño” convertíanse na mañá do 3 de marzo en protagonistas da actividade promovida pola Xunta para celebrar o do día mundial da Natureza no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá).

Así, os rapaces visitaban o Centro de Interpretación deste parque, situado en Biobra, onde asistían á proxección dun documental sobre a Serra da Enciña da Lastra. Nel destacábanse os principais valores naturais deste espazo protexido, único en Galicia pola súa esencia calcárea, así como polas súas especies de fauna e flora.

Ademais presenciaban a solta dun gavilán do centro de recuperación do Veral en Lugo. Esta actividade contaba coa presenza do delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, quen estivo acompañado pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Infraestrutura e Territorio, Victoria Núñez, e polo alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez.

Nesta xornada tamén tiña lugar a solta dun gavilán do centro de recuperación do Veral en Lugo.
Nesta xornada tamén tiña lugar a solta dun gavilán do centro de recuperación do Veral en Lugo.

“Os montes da Serra da Enciña da Lastra conforman un lugar de grande importancia ecolóxica no ámbito da comunidade galega, tanto pola singularidade dos seus ecosistemas e hábitats, como pola súa xeomorfoloxía e paisaxe”, destacaba o delegado.

Artigos relacionados

Back to top button