CulturaCulturaÚltima hora

Día do Libro en Verín

Presentación da obra “Vaivén de Recuerdos” de Doli Pereira o 23 de abril na Biblioteca Municipal
Portada do libro "Vaivén de recuerdos".
Portada do libro “Vaivén de recuerdos”.

Mañá 23 de abril, Día do Libro, ás 19:30h. terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Verín a presentación do libro “Vaivén de Recuerdos” da verinense Doli Pereira.

A obra é unha viaxe desta escritora polos recantos da súa memoria da etapa da adolescencia ata a idade adulta. Un percorrido por un camiño onde recorda os poemas que lles escribiu aos seus amigos ante as primeiras situacións que viviron. É un canto á amizade, ao amor e por suposto ao desamor. Nesta viaxe, os sentimentos enlázanse co descubrimento das emocións que son un referente en todos os poemas que escribe esta autora.

Doli Pereira nace en Verín (Ourense) en 1975 e aínda que o seu afección pola poesía comezou dende os 12 anos, esta é a súa primeira publicación.

Artigos relacionados

Back to top button