CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Dimite o secretario da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras

O colectivo celebraba, na noite do 18 de febreiro, a asemblea xeral ordinaria e cea 2017

Na tarde-noite do 18 de febreiro, Xosé Anxo Pérez Argibay,  secretario da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras dende hai uns anos, presentaba ante os socios a súa dimisión “por motivos persoais e de saúde”, lendo unha carta de despedida e agradecemento tanto á directiva como ao resto de socios. Era un dos puntos da orde do día da asemblea xeral ordinaria que o colectivo celebraba no segundo andar do Concello da Rúa.

Na reunión, á que asistía unha vintena de socios, acordábase entre outros temas realizar a peregrinación a Santiago de Compostela nun día en autobus, igual que o ano pasado, involucrando aos diferentes concellos valdeorreses polos que pasa o Camiño de Inverno; e crear comisións de traballo para levar a cabo as diferentes actividades: organizar a peregrinación a Compostela, vixiar a sinalización co Camiño na contorna, organizar andainas e asistencia a feiras,…

Despois da asemblea, tiña lugar a tradicional cea no Mesón O Poldo da Rúa.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button