ConcellosÚltima hora

A diócese de Astorga cede a Cruz Vermella Valdeorras unha vivenda para refuxiados

A organización humanitaria conta con outras dúas vivendas ocupadas por unha familia siria e outra hispanoamericana
O vicario xeral da Diócese de Astorga, Marcos Lobato; e o presidente da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Valdeorras. Maximino Alonso
O vicario xeral da Diócese de Astorga, Marcos Lobato; e o presidente da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Valdeorras, Maximino Alonso.

O Bispado de Astorga acollía na mañá do 12 de decembro a sinatura dun contrato polo que pon a disposición de Cruz Vermella unha vivenda no Barco de Valdeorras con capacidade de 5 ou 6 prazas para a atención de persoas refuxiadas ou solicitantes de asilo. Ao acto asistiron Marcos Lobato, vicario xeral, e Maximino Alonso, presidente da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Valdeorras.

Con esta cesión, Cruz Vermella aumenta a súa capacidade de acollida na comarca valdeorresa, onde a organización humanitaria conta xa con dúas vivendas, a través de sendos convenios co Concello de Carballeda de Valdeorras e a Xunta de Galicia, ocupadas por unha familia de orixe sirio e outra de orixe hispanoamericano.

Tal como explican dende Cruz Vermella Ourense, o obxectivo principal do programa de atención a personas solicitantes de protección internacional “é a acollida e integración destas na sociedad”. Actualmente conta con 1.161 prazas de acollida en 34 provincias, o que supón “que triplicou a súa capacidade nos últimos meses, sendo a porcentaxe de ocupación de máis dun 80%, esperando poder ampliar esta rede ata as 1.300 prazas”, aseguran dende Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button