En portadaSen categorizarÚltima hora

Distincións Gallaecia para 71 viños ourensáns nunha edición de récord

A D.O. Ribeira Sacra acadaba 26 galardóns, Valdeorras 18, Monterrei 14 e Ribeiro 13
Un dos momentos da cata final das Distincións Gallaecia 2016./ Foto: Asociación de Sumilleres Gallaecia.
Un dos momentos da cata final das Distincións Gallaecia 2016./ Foto: Asociación de Sumilleres Gallaecia.

Ata 600 viños e destilados das denominacións de orixe galegas eran valorados polos paneis de cata das Distincións Gallaecia 2016. “Bátense todos os récords de participación de mostras nun concurso de ámbito autonómico”, destacan dende a organización deste prestixioso certame, en mans da Asociación de Sumilleres Gallaecia.

Tras a cata final, celebrada o 12 e 13 de setembro no edificio Bitácora de Ézaro (A Coruña), lograban as Distincións Gallaecia un total de 97 viños, dos cales 26 son da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, 18 pertencen a Valdeorras, 14 a Monterrei e 13 ao Ribeiro. Os 26 restantes son da D.O. Rías Baixas.

Membros do panel da cata final das Distincións Gallaecia 2016./ Foto: Asociación de Sumilleres Gallaecia.
Membros do panel da cata final das Distincións Gallaecia 2016./ Foto: Asociación de Sumilleres Gallaecia.

O panel de cata deste certame estivo formado polos seguintes sumilleres de Gallaecia: Aurelio Vázquez (Rest. Casa Aurelio – Santa Comba), Alejandro Paadín (Rest. Alborada – A Coruña), Pedro Sestayo (monitor de hostelería), Juan Carlos Liste (monitor de hostelería), Pablo Fernández (Distribuciones Norte Vinos – A Coruña), Waldo Carreiras (xefe de Servizo da Xunta de Galicia) e Luis Paadín (Servino Consulting – A Coruña). Completábase ademais cos técnicos de calificación das denominacións de orixe galegas: Ruth Fernández (directora técnica da D.O. Ribeira Sacra), José Dopazo (D.O. Rías Baixas), Rebeca André (D.O. Monterrei) e Constantino Iglesias (D.O. Ribeiro).

Distincións Gallaecia 2016 nas DD.OO. ourensás

Viños Tintos

D.O. Monterrei
Ano MARCA BODEGA
2014 Couto Mixto- Adega Couto Mixto
2015 Ladairo Colección de Familia- Adega Crego e Monaguillo

D.O. Valdeorras
Ano MARCA BODEGA
2013 A Portela Ladera Sagrada
2015 Cuveé de O Avancia
2012 Domus Roandi
2015 Escada Alán
2013 Ladeira Vella A Coroa
2013 Memoria de Ventura A Pinguela
2015 Pedrazais Alán
2014 Valderroa Carballo Valdesil

D.O. Ribeira Sacra
Ano MARCA ADEGA
2015 Abadía da Cova Adegas Moure
2014 Abadía da Cova barrica Adegas Moure
2014 Algueira Merenzao Algueira
2013 Bancales Olvidados Ponte da Boga
2013 Capricho de Merenzao Ponte da Boga
2015 Cividade Brais Verao López
2015 Cruceiro Ramón Marcos Fernández
2012 Cruceiro Rexio Ramón Marcos Fernández
2015 Décima José Manuel Rodríguez González
2012 Don Diego barrica Jorge Enrique Carnero Fiuza
2014 Expresión Histórica Ponte da Boga
2015 Ponte da Boga Ponte da Boga
2014 Quinta Toucedo Atrium Vitis
2015 Regina Viarum Regina Viarum
2013 Regina Viarum barrica Regina Viarum
2015 Sabatelius Lareu
2014 Sabatelius Carballo Lareu
2015 Sollío Juan Alberto Alvárez
2015 Viña Cazoga Jorge Enrique Carnero Fiuza
2015 Viña Peón Ernesto Rodríguez Pérez

Viños Brancos

D.O. Monterrei
Ano MARCA ADEGA
2015 Alma de Blanco Pazo das Tapias
2015 Crego e Monaguillo Dona Branca Crego e Monaguillo
2015 Crego e Monaguillo Treixadura e Godello Crego e Monaguillo
2015 Finca Os Cobatos Pazo das Tapias
2015 Gargalo albariño e treixadura Gargalo
2015 Mara Martín Terras do Cigarrón
2015 Terras do Cigarrón Terras do Cigarrón
2015 Trasdovento Trasdovento
2015 Triay Triay Adegas de Oimbra
2015 Valderello Valderello
2015 Vía Arxéntea Vías Arxéntea
2014 Viña Verino Gargalo

D.O. Valdeorras
Ano MARCA ADEGA
2015 A Coroa A Coroa
2015 As Sortes Rafael Palacios
2015 Avantia Avancia
2015 Cuveé de O Avancia
2015 D´Berna Guitián y Blanco
2015 Fernando González Fernando González
2013 Guitián Barrica A Tapada
2011 Guitián Vendimia Tardía A Tapada
2015 Joaquín Rebolledo Joaquín Rebolledo
2013 Viñaredo Tostado Santa Marta

D.O. Ribeiro
Ano MARCA ADEGA
2014 1932 Pazo de Vieite Pazo de Vieite
2015 Canción de Elisa Dona Elisa
2015 Casal de Armán Casal de Armán
2014 Finca Misenhora Casal de Armán
2015 Leive Paradigma Aurea Lux
2015 Manuel Rojo Manuel Rojo
2014 Os Loureiros Casal de Armán
2015 Pazo Tizón Pazo Tizón
2015 Pazos de Albor Alfonso Albor Rodríguez
2015 Pé de Perdiz Pé de Perdíz
2015 Quinta do Avelino Parente García
2015 Señorío da Vila Docampo
2015 Terra do Castelo Treixadura Terra do Castelo

D.O. Ribeira Sacra
Ano MARCA ADEGA
2015 Adega Vella Jorge Feijoo González
2014 Algueira Escalada Algueira
2015 Brandán Algueira
2015 Peza do Rei Adega Cachín
2015 Sollío Juan Alberto Alvarez Rodriguez
2015 Viña Vella Virxen dos Remedios

Artigos relacionados

Back to top button