ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Disvalia, Asfaval e Morea reúnense no Barco “todos baixo un mesmo paraugas”

Os colectivos reuníanse na praza do Concello para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Non chovía pero os paraugas de cores chamaban a atención na praza do Concello do Barco de Valdeorras na mañá do 4 de decembro. Con este complemento asistían os membros de Disvalia, Asfaval e Morea á concentración para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Co lema “Todos baixo o mesmo paraugas”, os tres colectivos valdeorreses xúntanse na campaña para “promover unha sociedade máis plural e diversa”, en palabras da presidenta de Disvalia Begoña Dacal, organizadora do acto co que quixeron lembrar que “é a data límite posta por Europa para que todos os servizos sexan accesibles, algo que non se cumpriu”.

Ademais dos actos reivindicativos que podan organizar dende o colectivo de Persoas con Discapacidades de Valdeorras Asociadas, “en xaneiro comezaremos dous cursos: un de inglés e outro de cociña”, adiantan dende Disvalia que este ano cumpre o sexto anivesario.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button