DeportesÚltima hora

Dobre vitoria do Auriense na liga galega de fútbol gaélico

Tanto o equipo masculino como o feminino, ganaban os respectivos partidos disputados esta fin de semana
Os equipos masculinos do Auriense F.G. e Cambados F.G.

Bos resultados colleitaban esta fin de semana os equipos do Auriense F.G. na liga galega. O sábado, o conxunto masculino derrotaba a domicilio a un rival directo, o Cambados F.G., nun partido que “demostrou a igualdade que este ano vaise vivir na liga”, explican dende o club ourensán. Cun final moi igualado, o Auriense remontou os 6 puntos de distancia co que se foron ao descanso e ganaron 3-11(20)/4-13(25).

O equipo feminino pola súa banda, continúa coa racha positiva derrotando, na tarde do domingo, ao Pontevedra F.G. no seu propio terreo de xogo por 3-9(18)/5-11(26). Aínda que o encontro estivo igualado “o maior acerto cara o marco rival, facilitou que o equipo de Auriense manexara o encontro e rematase por levar o partido nas contras”, explican dende Ourense.

 

O equipo feminino do Auriense F.G.

Artigos relacionados

Back to top button