DeportesÚltima hora

Dous ourensáns, no reto de percorrer en bici a distancia Madrid-Lisboa

Deben pedalear día e noite sen parar para acadar a meta en menos de 55 horas
Montse Lama, deputada provincial, e Mario Guede, concelleiro de Deportes, xunto aos participantes no reto Madrid-Lisboa.
Montse Lama, deputada provincial, e Mario Guede, concelleiro de
Deportes, xunto aos participantes no reto Madrid-Lisboa.

Dous ourensáns participarán esta fin de semana na cuarta edición da Powerade Non Stop Madrid Lisboa, unha carreira ciclista que reta a pedalear día e noite para chegar en menos de 55 horas á capital portuguesa. Os ourensáns súmanse así aos 807 inscritos, que participarán divididos por categorías e en equipos. A proba, dirixida aos amantes do MTB, celebrarase do 30 de setembro ao 2 de outubro e fará percorrer aos deportistas 770 km. O equipo que representará á cidade das Burgas foi recibido pola deputada provincial, Montse Lama, e o edil de Deportes, Mario Guede, antes de partir cara a capital madrileña.

Artigos relacionados

Back to top button