EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Dúas adegas de Manzaneda, galardoadas nos VI Premios Mágnum do Viño Galego

Ademais lograba un recoñecemento o viño Muradella Tinto 2012 da D.O. Monterrei

premiosmag

Ata tres recoñecementos quedaban en terras ourensás na sexta edición dos Premios Mágnum do Viño Galego que promove o Instituto Galego do Viño. O acto de entrega destes galardóns tiña lugar na tarde do 7 de marzo na Cidade da Cultura compostelá. Do total de seis premios concedidos, tres quedaban en mans ourensáns.

Así o premio Mágnum á Mellor Adega Bodega Galega, “entendida como colección de viños no mercado da máxima calidade”, correspondíalle a Dominio do Bibei de Manzaneda. Tamén distinguida resultada outra adega deste concello, DaTerra Viticultores cuxo viño Azos do Pobo 2014 levaba o Mágnum ao mellor viño revelación galego. Estas dúas adegas están amparadas pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Asemade o Mágnum ao Mellor Viño Galego recaía en Muradella Tinto 2012 (da Adega Quinta da Muradella), pertencente á D.O. Monterrei.

Tamén resultaban premiados Luis Gutiérrez co Mágnum á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego, e José Martínez (Casa Solla) co Magnum ao Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego. O Mágnum Honórifico “Vinolvidable” era para Paco Rego.

Artigos relacionados

Back to top button