CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Dúas alumnas do IES Martaguisela do Barco, entre as mellores estudantes de Galicia

María Caseiro e Carla Trincado están convidadas ao acto de recoñecemento da USC aos mellores expedientes académicos
María Caseiro Arias e Carla Trincado Rodríguez o día da graduación no IES Martaguisela.

Valdeorras conta con moi bos estudantes e unha mostra máis deste feito, son as dúas alumnas do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras que figuran entre as mellores de Galicia. María Caseiro Arias e Carla Trincado Rodríguez están convidadas ao acto de recoñecemento aos mellores expedientes académicos que organiza a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que terá lugar o venres 30 de xuño ás 18 horas, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

Dende a comunidade educativa do instituto barquense felicitan a María e Carla “polo seu esforzo e os seus resultados académicos”.

Artigos relacionados

Back to top button