DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Dúas vitorias en dous partidos para o C.D. Rúa

Os rapaces de Javi Ferrer vencían 2-0 ao Salamonde no segundo partido da liga

Dous de dous e sen encaixar un só gol. O comezo de tempada para o C.D. Rúa non pudo ser mellor. Despois do 0-2 co que se estreaban na liga este ano, no campo do Coles, os rapaces de Javi Ferrer veñen de sumar unha nova vitoria, desta volta en casa, no campo do Aguillón.

2-0 vencían os amarelos na tarde do 17 de setembro, no partido contra o Salamonde C.F. correspondente á segunda xornada de liga na segunda galega. Aos 7 minutos de comezar o partido, Rober adiantaba aos locais no marcador e a partires de aí, seguiron loitando e dominando o encontro aínda que habería que esperar ata o minuto 73, xa na segunda metade, para que Juan sentenciase o encontro.

Con estas dúas vitoiras, catro goles a favor e ningún en contra, os amarelos sitúanse no terceiro posto da clasificación. O seguinte partido será a domicilio, no campo do Agro, contra C.D. Trives (13º clasificado).

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button