Entrevistas

“É un coro moi intuitivo”

José Ramón Mansilla Álvarez adica unha Misa breve ao Orfeón Valdeorrés, ao que leva dirixindo 16 anos

 

José Ramón Mansilla, director do Orfeón Valdeorrés e autor da “Misa Valdeorras”./ Foto: Carlos G. Hervella.
José Ramón Mansilla, director do Orfeón Valdeorrés e autor da “Misa Valdeorras”./ Foto: Carlos G. Hervella.

Malia non ser galego, cando o novísimo director se facía cargo do coro en setembro de 1998, xa o coñecía. “Fun alumno de Luis Olano que foi o primeiro director do Orfeón e curiosamente no ano 94 estiven asistindo a ensaios do Orfeón Trivés que tamén dirixía el, para acompañalos a Torrevieja e faloume moitísimo do Orfeón Valdeorrés, co cal tiña ampla infomación. Se ben é certo que de todo o que el me dixera, cando fixen a primeira entrevista chamoume a atención que eran moi pouquiña xente, unhas 26 persoas no primeiro ensaio” explica Mansilla. O 3 de outubro dese mesmo ano darían o primeiro concerto da nova etapa no Teatro Principal de Ourense “onde cantamos precisamente co Orfeón Trives con Luis Olano como director”.

José Ramón Mansilla é o terceiro director do coro valdeorrés e en setembro cumpre 16 anos ao fronte.

¿Que lle aporta vostede ao grupo? ¿Con que idea colle a batuta?

Ao principio a verdade é que foi un camiño de rosas porque eles tiñan moitas ganas de cantar e eu moitas ganas de facer música. Tiña 22 anos recén cumpridos, era moi novo, desexaba facer cousas importantes que eles xa fixeran, como a viaxe a Austria e a participación en concursos nacionais, e a min parecíame que tiñan un curriculum importante, entón o que máis aportei foron sobre todo ganas, de cantar, de disfrutar, de pasalo ben, e de non pasar apuros. Descubriron en min a unha persoa coa que podían falar de calquera cousa, moita cercanía e complicidade. Tamén comezamos a traballar dun xeito un pouco máis serio. A miña carreira estaba centrada na linguaxe musical porque levaba moitos anos cantando e gustábame moito a música coral, co cal fixen moitos cursos de dirección importantes para poder darlles a eles o que necesitaban.

¿Que obxectivos se marcaba?
Crear un coro que estivese á altura do que fora o Orfeón, porque a verdade é que nese momento diminuíra bastante. Moitos dos socios fundadores marcharon coa segunda directora porque non compartían a forma de facer as cousas, entón había que volver a atraer a esa xente e a verdade é que en moi pouco tempo volviamos ter un coro de 40 persoas. Comezamos a traballar con outra disposición, técnica vogal, aínda que ao principio era moi rudimentaria, pero si é certo que souberon aproveitalo en todo momento e sempre, a sensación que tiven ao longo destes 16 anos, foi de superación. Eles vian que o coro cada vez ía mellor, que cada vez saía solvente das actuacións e eles crecían interiormente e estaban orgullosos de que o coro mellorase. E así foi ao longo de todo este tempo.

Texto: Mónica G. Bellver                                 Foto: Carlos G. Hervella
A entrevista íntegra poder lerse na edición en papel do Especial Cristo de O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button