Ecovidrio e o Concello premian aos hostaleiros por reciclar 140 toneladas de vidro en tres meses

 

O acto de entrega de premios foi no Salón de Plenos.

O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu hoxe, 20 de abril, a entrega dos premios de acción encamiñada a promover a reciclaxe de vidro entre os máis de 200 locais de hostalaría da zona centro e centro histórico de Ourense.

O acto estivo presidido polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo; a Directora Xeral de Calidade Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, María Cruz Ferreira; e o Xerente de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández.

Esta campaña, organizada por Ecovidrio, unha entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe de residuos de envases de vidro en España, en colaboración co Concello e a Consellería de Medio Ambiente, levouse acabo nesta zona centro paralelamente ao comezo do novo servizo de recolleita de Porta a Porta de vidro dirixido aos establecementos hostaleiros da cidade.

O alcalde, Jesús Vázquez, agradeceu o compromiso dos participantes e “polas horas de traballo adicadas a reciclar, o que redunda en beneficios para toda a actividade” e animounos a seguir pola mesma liña, co fin de conseguir “unha cidade máis sostible”.

A campaña comezou a finais do mes de decembro e, coincidindo coa posta en servizo deste novo servizo, Ecovidrio puxo en marcha unha acción de seguimento da recollida, onde monitores ambientais contratados por esta entidade visitaron persoalmente, de xeito mensual, a todos os locais adheridos ao programa para coñecer de primeira man as impresións dos hostaleiros ante este novo sistema de recollida, resolver dúbidas e comprobar que se estivese utilizando o servizo.

Os hostaleiros premiados foron aqueles que souberon demostrar unha participación activa na campaña entraron automaticamente nun sorteo de dúas fins de semana en Sanxenxo nun hotel con Spa. Agora, e tras tres meses de sorteo, tres establecementos ourensáns foron premiados cunha estancia para dúas persoas no Gran Talaso Hotel de Sanxenxo. Os agraciados foron: Café Mejicana e Tapería Bimba (xaneiro), Tamarindo e Pub Keops (febreiro) e Bar Cortés e Cafetería Gaimola (marzo).

En canto ao lixo recollido, o xerente de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández, sinalou que se recolleron un total de 138.340 quilogramos de envases de vidro.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR