DeportesÚltima hora

A edición de outono de “As Cores de Trevinca” propón unha ruta circular pola Serra Calva

Está prevista para o sábado 4 de novembro e comezará en Ponte cunha charla explicativa

Dende a Lagoa das Tablillas partirá ás 11:30h. do 4 de novembro a ruta circular pola Serra Calva que se propón na edición de outono de “As Cores de Trevinca”. O programa comezará xa ás 10h. cunha reunión no Centro de Interpretación da Montaña de Trevinca (Ponte). Alí ofrecerase unha explicación do percorrido que logo se realizará mencionando cuestións da serra como as súas pegadas glaciares, a arquitectura popular, así como normas técnicas sobre o equipo e datos xerais sobre as montañas de Trevinca.

Despois os participantes terán que desprazarse en vehículo propio ata o punto de saída para iniciar a pé un traxecto que pasará pola Veiga do Couto, Mallada de Baños, A Paraxe, Val da Cerva e Mallada dos Currais ata voltar ao punto de inicio. Alí espérase chegar en torno ás 17h.

Dende a organización destácase que é imprescindible estar en posesión da licenza federativa do ano 2017 (seguro de montaña) e a data límite para inscribirse será o mércores 1 de novembro a través do correo electrónico clubdemontana@otrisquel.com. A dirección da actividade correrá a cargo de Juanjo Lorenzo e a supervisión de Cholo F. Pena.

A actividade será promovida polo Club de Montañismo Montañas de Trevinca (A Veiga) e polo Concello.

Artigos relacionados

Back to top button