EconomíaEconomíaÚltima hora

A edificación sostible, tema central do XI Simposio sobre Enerxías Renovables

Once expertos de España e Suíza promoveron en Expourense, a través de casos prácticos, este tipo de arquitectura, destacando o Hotel Parque de Ourense como exemplo de eficiencia xeotérmica
Inauguración da primeira xornada do Simposio.

Un cento de profesionais do sector da arquitectura e edificación aplicadas á eficiencia enerxética déronse cita no XI Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables, celebrado hoxe, 15 de xuño, en Expourense. Esta cita teuniu no recinto feiral de Ourense a once expertos de España e Suíza, entre os que se atopaba César Portela, Premio Nacional de Arquitectura, ou Óscar Martínez, consultor de enerxía.

A frase que resume boa parte das ideas defendidas nesta primeira xornada foi a pronunciada por Jordi París de Pich, arquitecto catalán: “Que a edificación teña que ser sostible é algo evidente e chegará o momento que sexa ata redundante cualificala así, pero aínda queda moito por facer”.

O acto de apertura deste simposio contou coa participación do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández e o concelleiro de Infraestruturas de Ourense, José Araujo, que estiveron acompañados polo vicepresidente da CEO, José Manuel Díaz; polo coordinador da xornada e xerente de INGEO, Alfredo Fernández; polo delegado de Galicia Sur de Gas Natural (empresa colaboradora), Fernando Campos; e polo director xerente de Expourense, Alejandro Rubín. Rosendo Fernández falou da evolución do sector de renovables onde o maís importante xa non é só aforro económico senón a eficiencia e a redución do consumo para preservar o Medio Ambiente. Pola súa parte, o concelleiro José Araujo fixo referencia ao potencial xeotérmico da cidade de Ourense que debe desenvolverse con “innovación, sentido común e eficiencia”.

Este simposio analizou o concepto de “arquitectura sostible” que inclúe dende os materiais que se utilizan na edificación (de kilómetros cero, con materiais locais) ata o estudo pormenorizado do clima existente no lugar onde se vai construír o edificio. Baixo a máxima de “producir o máximo empregando o mínimo” os relatores impartiron as ponencias incluíndo exemplos prácticos de edificios e instalación realizadas por todo o Mundo que puxeron en valor o papel que xoga a arquitectura na construción de edificios autosostibles que consomen unha enerxía próxima a cero. Un deles foi César Portela, que presentou as vantaxes do uso da madeira en edificacións, poñendo como exemplos obras realizadas por el en España e no Xapón e defendeu a importancia tando calidade da materia prima como das mans que a traballan.

O primeiro relator deste simposio foi o Catedrático de Construción e Tecnoloxía Arquitectónica da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, Javier Neila. O seguinte relator foi o representante de Pich-Aguilera Architecs de Barcelona, empresa precursora a nivel mundial do concepto de “arquitectura sostible” e en aplicar o respecto ao Medio Ambiente nas súas obras. Explicou que un edificio sostible “non ten que ofrecer o mesmo que un normal, ten que ser sempre moito mellor en termos de utilidade e confortabilidade”.

A xornada contou coa intervención do delegado en Galicia de Gas Natural, Fernando Campos, que explicou as “Tecnoloxías que emprega Gas Natural”. O mellor socio para o desenvolvemento das enerxías renovables”. Falou das ventaxas do gas natural como a mellor enerxía para hibridarse coas fontes renovables transformándoa, por exemplo, en biogas ou biometano. A última ponencia da sesión da mañá foi a de Óscar Martínez, o enxeñeiro consultor que presentou “a solución xeotérmica na integración arquitectónica de edificios emblemáticos”.

A sesión de tarde comezou coas ponencias dos representantes de Suiza que representan ao estudio Chiché Architecs, autores do libro “Concepto enerxético na arquitectura”. Lionel Chiché e María Taboada foron os relatores que presentaron exemplos reais de edificios de “Consumo próximo a O” en Suíza.

O simposium continuou coa participación do arquitecto catalán Joan Lluis Casajuana, autor da rehabilitación arquitectónica e enerxética da Residencia Infantil Joan Riu que sirve de referencia para os profesionais do sector. Pola súa parte o enxeñeiro vasco Ricardo García San José, falou sobre os “Parámetros clave na eficiencia enerxética dos edificios, leccións aprendida”.

O consultor cántabro de CITECAM iNUBO, David Rodríguez falou sobre “Edificios conectados para a mellora da eficiencia enerxética”. O último dos relatores deste simposio foi Manuel García Álvarez, xerente de Magaral Ingeniería (A Coruña) que presentou o caso práctico da rehabilitación como eficiente do edificio Parque de Ourense (antigo Hotel Parque).

De xeito complementario, houbo un espazo expositivo para aquelas empresas que quixeron presentar os seus produtos relacionados coa eficiencia enerxética e as enerxías renovables.

Con esta xornada, Expourense conclúe a actividade de feiras e eventos do primeiro semestre do ano. A seguinte cita será Termatalia, 17ª Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar que se celebrará os días 21 e 22 de setembro.

 

Artigos relacionados

Back to top button