CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

El Amir e Eva Durán conquistan ao público no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

O de flamenco foi o primeiro concerto do Ciclo Sons da Terra IV que forma parte das residencias artísticas ALMA (Arte, Legado e Medio Ambiente)

El Amir y Eva Durán durante o concerto.

 

Baixo a marca “Ser Puentes” o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil acollía a pasada fin de semana unha das actuacións “máis espectaculares que se lembran ata a data na Ribeira Sacra”, aseguran dende o Concello de Parada de Sil. El Amir e Eva Durán, ofrecían o sábado 21 de setembro un concerto excelso, “unha cerimonia íntima e inesquecible para o cento de asistentes que encheron este máxico espazo” no que tiña lugar o primero concerto do Ciclo Sons da Terra IV que forma parte das residencias artísticas ALMA (Arte, Legado e Medio Ambiente).

Coas entradas esgotadas unha semana antes da actuación, cumpríronse as expectativas. Dúas horas de intenso e puro flamenco que “puxo os pelos de punta e o tacón en pé a un aforo entregado”, din dende a organización. Segundo os directores desta nova aventura en Santa Cristina, “pode que sexa unha das actuacións que marquen unha época. O primeiro concerto de flamenco desta categoría, neste espazo e co aforo completo, senta as bases de que se pode acercar estilos pouco comúns nestos espazs, cunha aceptación e calidade envexables”.

 

Asistentes ao concerto no interior do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.

 

O alcalde de Parada, Aquilino Domínguez, pola súa banda, asegura que “actuacións como esta, levadas a cabo de maneira conxunta por parte da iniciativa privada e da pública, neste caso o Concello, son de gran utilidade para seguir poñendo en valor lugares como o Mosteiro de Santa Cristina”.

O vindeiro concerto terá lugar o sábado 28 de setembro a cargo de Sons de Muller, un trío de música coral feminino que porá nota final a dús semanas de intensa actividade cultural en Parada de Sil. As entradas poden mercarse no seguinte enlace: http://www.ecosdapedra.com/tienda

 

Artigos relacionados

Back to top button