ConcellosÚltima hora

Elección de “Dama y Caballero Monterrei 2014” o 31 de xullo

Da gala sairán os representantes da comarca para a final provincial
Presentación do certame en Verín.
Presentación do certame en Verín.

Despois de Valdeorras, tócalle a Monterrei elexir aos seus representantes para participar na final do certame “Dama y Caballero Ourense 2014”. A gala que se celebrará o vindeiro xoves 31 de xullo na praza García Barbón era presentada pola Asociación de Empresarios de Verín que participa de forma activa no certame e que agradece “ao certame Dama y Caballero de España e á súa delegación en Ourense que realice unha das súas galas na nosa comarca”.

Os mozos e mozas que queiran participar deberán enviar un correro a Aever e, dependendo do número, deberán pasar un casting. Os dous elegidos polo xurado representarán á comarca na gala provincial que terá lugar o xoves 7 de agosto no parque de San Lázaro de Ourense. De aí sairá a Dama de Ourense 2014 que representará á provincia na final nacional que se celebrará en Sevilla o 13 de setembro.

Para Aever “é un orgullo que tanto os modelos como a roupa que van levar, así como a decoración da gala sexa de Verín, mostra de que temos un comercio activo e de calidade”. Por iso, os empresarios dan as grazas a tódolos colaboradores que fan posible este acto como o Concello de Verín, Portas de Galicia ou Denominación de Orixe de Monterrei, e tamén aos participantes: Mfoque pola organización co equipo de produción, tanto de medios audiovisuais (Iván Fernández e David Nóvoa en fotografía e Jonathan Rodríguez e Ágata Gavilán en video) como deseño gráfico (Lucía Sánchez) e estilismo (Andrea Vaz, Lorena González e Lara Rodríguez); Cadena Cope; Cadena 100; Radio Líder; Xornal O Sil; La Voz de Galicia; La Región; Moda San José; The Monkey Time; Deportes Verín; Rosy Boutique; Adams New Jeans; Floristería María; O Lar das Cortinas; Lencería Caprichos; Telas Julia; Borys Martínez Fotografía; e Disco Móvil Jorge.

Con Mfoque e o certame colaboran asemade en tódalas galas: Alvarino, Joyería Loyma, Íntimo Candy, Ángelo Milano, Servipel, Ourengraf, Life&Dreams, Ana Barril, Floristería Rafia, Juvena, Anna, Íntimo Varela e Itinerari.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button