CulturaCulturaMúsicaSen categorizarÚltima hora

Emilio Rúa actuará con Víctor Manuel o 13 de febreiro en Santiago

O cantante, natural de Riós, presentaba hai uns días o seu novo disco “Querida alegría” na Casa de Galicia en Madrid

Mestura cancións inéditas, versións doutros discos e revisións de temas populares, ademais de contar coa colaboración das cantareiras e pandereteiras Xestreu, Carlos Blanco, o músico vasco Kepa Junquera e o guitarrista Daniel Minimalia. Así é o novo disco do cantautor de Riós Emilio Rúa. Estáo a presentar nunha serie de concertos pola xeografía galega e española. Así o pasado 9 de febreiro daba un concerto en Madrid, en concreto na Casa de Galicia.

A presentación do músico corría a cargo do coordinador de Actividades, Ramón Jiménez, quen o fixo en nome do delegado da Xunta e director da Casa José Ramón Ónega. Nela lembrou anteriores proxectos discográficos de Emilio Rúa como “Destino Sur”, que presentaba nesta mesma sala en setembro de 2014; “Despois de ti, a chuvia”, en colaboración co escritor Xosé Carlos Caneiro; “Interior”; “Vida Miña” e o primeiro, do ano 2000, a súa carta de presentación, ao que chamou simplemente “Emilio Rúa”.

Así mesmo sinalou que Emilio Rúa é un “músico de raza” que na súa carreira contou coa colaboración de destacados intérpretes como Budiño; Guadi Galego e Quim Farinha, de Berrogüetto; Marcos Teira, de Marful, entre outros artistas invitados.

Nesta xeira de concertos, Rúa compartirá escenario o vindeiro 13 de febreiro con Víctor Manuel, interpretará a versión que fixo de “Canción Pequeña”. Será no Auditorio de Santiago.

Fotos: Casa de Galicia en Madrid.
Máis información na edición en papel de febreiro do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button