DeportesGalerías de fotosSen categorizarÚltima hora

Empate no Aguillón entre o C.D. Rúa e o Loñoá C.F.

A uns remataba o encontro de segunda autonómica disputado na tarde do 22 de xaneiro

Dunha bonita tarde de fútbol desfrutaban os afeccionados na tarde do 22 de xaneiro no Aguillón. Dun lado do campo, de amarelo e azul o C.D. Rúa de Javi Ferrer e do outro, de vermello e negro o Loñoá C.F. de Julio Vázquez.

Despois dunha primeira parte dominada polos locais que marchaban para o vestiario cun gol de vantaxe (obra de Juan no minuto 18), os visitantes reaccionaban e lograban empatar grazas ao gol de Elvis no minuto 48. A partires de aí o resultado xa non se movería, rematando o encontro correspondente á xornada 18 en segunda autonómica, co 1-1 no marcador e reparto de puntos. Con respecto ás sancións, o colexiado sacaba oito cartóns amarelos para o conxunto local, incluído o míster.

Con este resultado, o C.D. Rúa sitúase no 8º posto da clasificación, con 27 puntos. O próximo partido será no campo do C.D. Palmes.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button