Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Emprendedores ourensáns no CIFP A Farixa

O cantautor Daniel Minimalia e a baloncestista Noelia Cacheiro deron sendas conferencias no centro de Formación Profesional

O cantautor e produtor musical ourensán Daniel Minimalia e a baloncestista Noelia Cacheiro, tamén ourensá, expuxeron as súas experiencias como emprendedores de éxito no Centro Integrado de Formación Profesional A Farixa. A iniciativa, enmarcada na área de Coordinación de Emprendemento, adicada a alumnos de segundo curso, consiste na formación destinada á adquisición de coñecementos para converterse en emprendedores ao finalizar os estudos e poñer en marcha so seus propios proxectos profesionais.

O primeiro en achegarse aos alumnos do centro foi Daniel Minimalia quen afirmou que “o éxito persoal e profesional está detrás dunha idea traballada con perseverancia”, deixando claro que só con talento adoita ser insuficiente para franquear a barreira que leva aos obxectivos plantexados.

Pola súa banda, a baloncestista, traductora, investigadora e, desde hai uns días profesora de universidade no Reino Unido, Noelia Cacheiro, afirmou durante a súa conferencia na Farixa que “o éxito persoal e profesional hai que perseguilo”. A súa receta para logralo é “a constancia, o rigor, fixarse metas e tratar de cumplilas cada día”, engadindo que “os obxectivos de cumprimento sistemático deben ser aplicados ás metas máis altas, pero tamén ao banal e cotidiano, incluídas as tarefas domésticas”.

Artigos relacionados

Back to top button