CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Encontros literarios no IES Martaguisela do Barco

A escritora viguesa Ledicia Costas, reuniuse cos alumnos de Primeiro e Terceiro da ESO

Organizado polo departamento de galego, os alumnos de 1º e 3º da ESO do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras, mantiñan na mañá do 24 de maio, un encontro coa escritora viguesa Ledicia Costas que falou aos rapaces sobre os seus libros, proxectando asemade imaxes e videos que serviron de inspiración para as súas obras. É o caso de “O corazón de Xúpiter” (Xerais, 2012) no que trata sobre o tema das redes sociais e os consecuencias de facer un mal uso delas como por exemplo o bullying ou outro tipo de acoso que poden desencadear en finais dramáticos (incluso suicidios).

Tal como explicou a profesora de galego do centro barquense, Lecidia Sola é unha autora que gusta moito entre o alumnado. “Xa no colexio leron un libro dela, en Primeiro outro e en Terceiro dous, dentro das lecturas obrigatorias  do Instituto e o que máis lles gusta é “Unha estrela no vento”, o primeiro que escribiu sendo unha adolescente”.

Durante o encontro (primeiro co grupo de Terceiro que pode verse na galería de imaxes e despois cos de Primeiro), Ledicia asegurou que o obxectivo co que escribe é “espertar emocións nos lectores”, tomando prestadas esceas e personaxes da vida real para as súas novelas. Tamén é autora de títulos como “Recinto gris”, ”Un animal chamado néboa”, “Esmeraldina, a pequena defunta”, “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” ou “A señorita Bubble”, a súa última novela.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button