Sanidade

As enfermidades de obstrucción respiratoria crónicas afectan ao 9% dos ourensáns

O CHUO organiza esta fin de semana as VII Xornadas sobre Patoloxía Respiratoria en Atención Primaria dedicada á formación de profesionais na materia
José Abal, Eloína Núñez e Pedro Marcos Velázquez.

Ao redor do nove por cento da poboación da provincia padece unha enfermidade pulmonar obstrutiva crónica ou EPOC. Segundo o xefe de servizo de Neumonía do CHUO, José Abal Arca, asegurou que isto se traduce, máis ou menos, 20.000 pacientes. Por este motivo, o Complexo Ourensán acollerá, o venres 17 e o sábado 18 de febreiro as VII Xornadas sobre Patoloxía Respiratoria en Atención Primaria.

Segundo este profesional, coas EPOC hai un problema de infradiagnose, é dicir, nos últimos anos dotáronse de técnicas de espirometría aos centros de saúde e deuse formación aos médicos de Atención Primaria e enfermería. Pero os profesionais ven que a formación ten que continuar “para gañar a loita de atallar a enfermidade o antes posible para intentar tratala cos medicamentos que dispoñemos”. En canto ao perfil do paciente, soe ser unha persoa maior de 35 anos, dixo Abal, e tamén soen ser fumadores. Por outra banda, en canto á diagnose tardía, o doutor asegurou que moitas veces “os pacientes non lle dan importancia aos síntomas que presentan ou o propio profesional non o detecta porque non se lle fan as probas básicas fundamentais para o diagnóstico”.

Neste senso, a xerente da Unidade de Xestión Integrada de Ourense, Eloína Núñez, contou que con estas xornadas o que pretenden é “incorporar o servizo de neumoloxía e os centros de saúde, xa que a poboación da nosa provincia está moi envellecida e isto integrará mellor o hospital coa Atención Primaria”.

O xefe de Neumoloxía, José Abal, está dentro do comité organizador destas xornadas que se veñen facendo dende hai 14 anos. No eido do programa, Abal asegurou que o a intención era que fose “interesante para os profesionais de Atención Primaria”. Tendo en conta isto, nestes dous días haberá catro mesas. A primeira será a mesa sobre a tuberculose, na que falarán sobre o Plan Galego de Tuberculose “que se puxo en marcha en 1996 e foi un traballo moi bo xa que conseguíu diminuír o número de casos de tuberculose na provincia a 9/100.000 habitantes, a máis baixa de Galicia”, informou Abal. A segunda mesa tratará sobre o cancro de pulmón, na que falarán do seu tratamento con quimioterapia e os tratamentos que fan fronte ás mutación. Nesta primeira xornada tamén haberá dous obradoiros; un de espirometrías, para medir o fluxo regular de aire; e outro de inhaladores “dedicados fundamentalmente para o persoal de enfermería”.

A segunda xornada versará, por un lado sobre as EPOC e outra sobre cronicidade. Segundo dixo o xefe de servizo de Neumoloxía, José Abal, a poboación de Ourense “está moi envellecida e ten moitas enfermidades crónica que interesan, non só á atención primaria e ao CHUO, senón tamén á Xerencia, xa que consumen moitos recursos económicos e asistenciais”, asegurou. Nestas mesas falarase do que aporta o hospital de día a estes pacientes e cal é o manexo dos mesmos dende o punto de vista de Atención Primaria.

Artigos relacionados

Back to top button