En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Entre cuncas de viño e música na Festa das Covas

Preto de 4.500 persoas asistiron á XIX edición da ruta organizada pola Asociación de Coveiros de Vilamartín

Apenas abriran os dous postos de venda de entradas, e os asistentes (moitos en grupos con camisetas identificativas e algúns incluso disfrazados) xa facían grandes colas, desexosos de comezar unha ruta na que houbo un pouco de todo: viño, comida, música e sobre todo festa, moita festa e ganas de diversión.

Unhas 4.400 persoas segundo a organización, dábanse cita na tarde-noite do sábado 1 de agosto, na XIX edición da Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras, na que un total de 48 adegas abrían as portas ao público, espalladas en sete rúas, perfectamente sinaladas no mapa que entregaban xunto coa entrada, o pano (este ano de cor laranxa) e a cunca de barro, previo pago dos 12 euros que custaba a entrada.

Dende a Asociación de Coveiros de Vilamartín, organizadora do evento, valoran positivamente o desenvolvemento da ruta, dun nivel que califican de “alto” en canto a asistencia, malia a subida do prezo con respecto ao ano pasado. “Levabamos anos cobrando 10 euros e esta festa inclúe moitas actividades (as charangas, os autobuses,…) e todo nos sube polo que nós tamén tivemos que aumentar” din.

Ademais da ruta en si, ao pechar as covas en torno á media noite, a festa continuou ao son da orquestra Zafiro.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button