ConcellosÚltima hora

Entre mouros e cristiáns, en Rairiz de Vega

Gran combate o 21 de setembro na Romaría da Saínza

Imaxe da pasada edición da Romería da Saínza./ Foto: Carlos G. Hervella.

A recreación histórica da batalla entre mouros e cristiáns no campo da Saínza no concello de Rairiz de Veiga é o acto central da romaría que se celebrará do 19 ao 21 de setembro. O programa arrancaraba xa o venres cunha descarga de bombas de palenque, xogos populares no campo da festa e a actuación da orquestra Salsa Rosa.

Ao día seguinte, sábado, despois da celebración de “O meu primeiro ataque de mouros e cristiáns” no campo do castelo, pensado para os máis pequenos, os musulmáns tomarán a fortaleza e farán presos aos cristiáns en torno ás 23:30h. A actuación das orquestras Ipanema e Filadelfia e os fogos artificiais marcarán o final desta primeira parte da representación.

O domingo 21 de setembro, a recreación do “Combate de mouros e cristiáns” reproducirá o guión de anos anteriores. Despois da procesión dende a Igrexa de Rairiz de Veiga ata o Castelo da Saínza e da tradicional misa no campo de batalla, os mouros rouban un dos pendóns da Virxe da Mercé. Ante esta ofensa e trala conversa entre os capitáns cristián e máis o árabe, comezará a batalla na que interveñen a cabalaría e a infantaría con moitos artificios pirotécnicos.

A batalla remata co rendemento das tropas musulmás, que devolven o pendón roubado á Virxe, e a liberación dos cristiáns.
A festa rematará pola tarde coa actuación das orquestras Panorama e Costa Oeste.

Texto: Mónica G. Bellver
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button