EconomíaEconomíaÚltima hora

Entrega de diplomas de formación a desempregados en Valdeorras

AEVA impartiu tres cursos (AFD) aos que asistiron preto de 50 persoas
Os participantes nos cursos de AEVA cos diplomas.
Os participantes nos cursos de AEVA cos diplomas.

Un total de 45 alumnos, de diferentes concellos da comarca de Valdeorras, asistiron aos 3 cursos de accións formativas para desempregados (AFD) que o ano pasado a Consellería de Traballo e Benestar outorgou á Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA) presidida por Javier Rodríguez Paradelo. Os desempregados que participaron nestes cursos formáronse en xestión contable e xestión administrativa para auditoría; xestión integrada en recursos humanos e formación turística local e información ao visitante.

Unha vez concluídos os cursos, na mañá do 16 de abril, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, achegábase ata O Barco de Valdeorras para facer entrega dos diplomas aos alumnos.

Asistentes ao acto de entrega de diplomas, no Barco de Valdeorras.
Asistentes ao acto de entrega de diplomas, no Barco de Valdeorras.

No transcurso do acto, no que tamén estiveron presentes o presidente da asociación de empresarios e o alcalde do Barco, entre outros, Martínez subliñou que “o obxectivo prioritario deste programa é a inserción e reinserción laboral dos traballadores desempregados naqueles sectores estratéxicos que require o sistema produtivo e que requiren as empresas” desexando aos alumnos que o título obtido “sirva para conseguir o traballo que esperades”.

O delegado anunciou asemade que “a Xunta prevé beneficiar este ano con estas accións formativas a máis de 10.000 desempregados”. Unhas axudas que se complementarán con outros programas innovadores dirixidos a colectivos específicos dedicados á formación dos desempregados.

Artigos relacionados

Back to top button