CulturaGalerías de fotosÚltima hora

Entregan en Luíntra o premio de narración e ilustración “Pura e Dora Vázquez”

A escritora Monserrat Pis e o ilustrador Francisco Pérez “Quico” reciben o galardón na súa décimo terceira edición

O CEIP de Luíntra foi o escenario elixido para a entrega do XIII Premio “Pura e Dora Vázquez”, que se celebraba na mañá do luns 24 de outubro.  O acto contou coa asistencia obrigada dos dous principais galardoados, a escritora Monserrat Pis e o ilustrador Francisco Pérez “Quico”, que recibiron o diploma acreditativo de mans do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

O galardón, convocado anualmente pola Deputación de Ourense, supón un recoñecemento ás mellores obras narrativas e ilustrativas da literatura infantil e xuvenil. Nesta edición, a primeira que celebra a gala de entrega fóra do Pazo Provincial, os premiados foron Monserrat Pis -na modalidade de narración- e Francisco Pérez “Quico” -na categoría de ilustración-, recibindo cada un 1.500 euros e un diploma.

Tamén participaron neste acto os propios alumnos do colexio de Luíntra, que puideron gozar coa actuación musical de Magín Blanco, cantautor de música infantil. Nas imaxes pódese ver ao presidente do goberno provincial facendo entrega dos diplomas aos dous galardoados, clausurando o acto cun discurso e posando cos alumnos e outros asistentes á gala de entrega do premio.

Artigos relacionados

Back to top button