PolíticaÚltima hora

Entréganlle ao xerente da EOXI as 500 sinaturas a favor de cubrir a xubilación dun médico en Vilamartín

Facíanlle entrega delas na visita que Dionisio López realizaba a Vilamartín para abordar este mesmo tema con representantes do Concello

Nos últimos días o BNG de Vilamartín realizaba unha recollida de sinaturas para pedir que se cubra a xubilación dun dos médicos do Centro de Saúde de Vilamartín. Ata o de agora levan recollidas 500 e aproveitando a visita á vila vilamartinesa o 7 de setembro do xerente da EOXI de Ourense, Verín e O Barco, Dionisio López Bellido, facíanlle entrega delas a través dun membro da Plataforma Sanitaria de Valdeorras.

“O representante da Plataforma informoulle que as sinaturas impulsadas dende o BNG eran o preludio a unha serie de mobilizacións, se non se cubría a xubilación do médico de Vilamartín, polo que instou ao representante da consellaría a satisfacer as demandas do pobo de Vilamartín”, segundo explica dende a formación nacionalista.

Despois tiña lugar unha reunión entre o xerente e representes do Concello de Vilamartín, tras a cal, “puido saber o BNG do compromiso do xerente para manter o médico nas mesmas condicións que até agora, polo que nos congratulamos, do que parece ser unha resolución positiva e consideramos que a mobilización, coas sinaturas, foi o elemento definitorio para o cambio de postura da consellaría”, segundo o BNG de Vilamartín.

Aínda así, dende o BNG-Asembleas Abertas aseguran que “seguiremos o proceso e reactivaremos as mobilizacións segundo comprobemos que haxa un desvío na execución do compromiso adquirido polo representante da consellaría”.

Artigos relacionados

Back to top button