Entréganse os premios do 3º Concurso de pinchos de Outono do Ribeiro

O establecemento que acadaba unha maior puntuación era o Bar Restaurante Plaza co pincho “Sabores do Pobo”

Acto de entrega dos premios do Concurso de pinchos de Outono do Ribeiro.

 

Do 2 ao 11 de decembro desenvolvíase a terceira edición do Concurso de pinchos de Outono do Ribeiro. Os seus premios entregábanse no mediodía do 19 de decembro nun acto no que participaba a presidenta e o secretario do Centro comercial aberto do Ribeiro, Rocío Estevez e Miguel Davila, respectivamente, xunto co presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Felicísimo Pereira.

O local que obtiña máis puntos grazas á votación dos clientes que probaron o pincho era o Bar Restaurante Plaza co pincho “Sabores do Pobo”, elaborado con lomo de porco alimentado de castañas cuberto de salsa de boletus, e acompañado de puré de patacas e crema de grelos.

 

Imaxe do pincho mellor puntuado.

Os ganadores dos lotes de viño e os dous cheques regalo de 50 euros foron Bernardo Davila Fuertes e Montserrat Portas Cerqueiras. A maiores, o Consello Regulador, aportaba un mega lote a quen harmonizara seu pincho cun viño da D.O. Ribeiro, galardón que conseguía María Piñeiro Cerqueiras.

Esta edición novamente tuvo unha gran aceptación por parte do público, sendo un reclamo nestas datas para visitantes e veciños desta comarca ourensá.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR