EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Entréganse os premios de fotografía “Enche Sober de Amandi”

Os galardoados, tras a recollida do premio.

Os galardoados no certame de fotografía “Enche Sober de Amandi” (na rede social Twitter) recollían na mañá do 3 de maio os seus premios no Concello de Sober. Tratábase de Andrea Trigo Pérez, Paula Fernández Rodríguez e Roberto Álvarez, quen o recollía en representación de súa irmá, Isabel Álvarez.

Durante o acto de entrega de galardóns, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, sinalaba que esta iniciativa pretendeu “dar visibilidade ao viño de Amandi e á XXXVII Feira do Viño de Amandi nas redes sociais”.

O concurso, enmarcado nos actos do “Mes do Amandi”, consistiu en recoller unha imaxe do municipio que tivera que ver co viño Amandi e subila ao Twitter. O premio consistiu en tres lotes de viño de Amandi. O xurado estivo formado por Alberto López, fotógrafo de La Voz de Galicia, Toño Parga, fotógrado de El Progreso e Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

Artigos relacionados

Back to top button