DeportesÚltima hora

O equipo máster do CN Escualos comeza a tempada

Uns 30 nadadores adestrarán no centro AQA Ourense
Equipo máster do CN Escualos.

Con ilusión e caras novas, o equipo máster do Club Natación Escualos comezará mañá, 5 de setembro, a tempada no centro AQA Ourense.

Trala boa campaña do ano pasado conseguindo o sexto posto na liga galega e o sétimo no campionato galego de verán, o club ourensán empeza os adestramentos cun equipo formado por uns 30 nadadores co obxectivo de mellorar esos resultados e seguir crecendo.”As ilusións son máximas e non se descarta ningún obxectivo”, asegura o adestrador, Hugo Nogueira.

A directiva destaca ademais a boa acollida que tivo o Desafío Encoro Os Peares celebrado no mes de xuño, no que participaron 70 nadadores procedentes de toda Galicia, “con grandes eloxios para a organización, o que mos motiva para seguir traballando na mesma dirección”, din dende o club.

Artigos relacionados

Back to top button