Monográfico Moda veránMonográficos

Escaparate da creación galega

Coma na pasada edición, a semana contará con actividades paralelas a través de exposicións, showrooms, performances e accións promocionais para o pequeno comercio santiagués
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Santiago de Compostela acollerá do 9 ao 15 de xullo, a VII edición da Semana da Moda de Galicia

Considerada como unha plataforma do deseño galego, a Galicia Fashion Week renóvase e prepara dúas edicións. A primeira celebrarase entre o 9 e 15 de xullo en Santiago de Compostela e nela daranse a coñecer as tendencias de moda e complementos para o vindeiro outono-inverno.

No que se refire á ubicación, a GFW integrará dentro de tódalas súas actividade, espazos significativos e emblemáticos da capital galega. Tal como adiantan dende a organización, en edicións anteriores realizáronse presentacións en localizacións tan destacadas como o Parador dos Reis Católicos (que acolleu o desfile o ano pasado), o Centro Galego de Arte Contemporáneo, o club de Jazz Dado Dadá, o Hotel Monumento San Francisco e Arteria Noroeste.

En poucas edicións, a Galicia Fashion Week “tense convertido no referente a nivel nacional do deseño galego” aseguran dende a organización e malia a crise actual tanto a pasarela como os seus participantes e colaboradores “realizan un gran esforzo para posicionar o evento como referente internacional da promoción do deseño galego” aseguran dende GFW, motivo polo que este ano apostarán firmemente pola promoción internacional das coleccións de autor e do deseño galego coa celebración de dúas edicións, en xullo coas presentación das tendencias de outono-inverno 2012-2013 e en novembro coas tendencias da primavera-verán 2013.

Así, entre o 9 e o 15 de xullo, Santiago de Compostela convertirase un ano máis na capital e o escaparate da creación galega coa celebración de desfiles e diferentes actividades relacionadas co mundo do deseño e da moda.

Texto: Mónica G. Bellver/ Santiago de Compostela Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button