A formación convocaba á prensa en Ourense para facer unha valoración previa á súa viaxe a Santiago

 

 

Os primeiros en facer unha valoración da xornada electoral eran os representantes de En Marea. Convocaban aos medios de comunicación ás nove da noite no seu local. Alí comparecía a cabeza de lista, Ánxeles Cuña, rodeada por outros membros da lista como o número dous, Davide Rodríguez de Manzaneda.

Cuña sinalaba que na provincia de Ourense “temos unha candidatura forte equilibrada e honrada, sabemos a responsabilidade que supón e queremos dicir con toda a sinceridade que imos cumprir as expectativas, imos entregarnos en corpo e en alma, con toda a vontade do mundo, con todo o noso sentido ético”.

Os membros ourensáns de En Marea, cando comezaba o escrutinio en Ourense.

Os membros ourensáns de En Marea, cando comezaba o escrutinio en Ourense.

Ademais aproveitaba para agradecer o labor dos equipos e dos apoderados da formación que “hoxe estiveron traballando arreo nas mesas electorais”. Cuña incidía en que “a campaña de En Marea, este partido emerxente que debuta nas elecciónsé”, ten sido “limpa, dende o financiamento ético, dende a postura de paraugas da defensa do social, dende a credibilidade en que este país pode mudar, e o que queremos dicir e que esperamos poder sumar para que Galicia leve por diante esa xustiza que tanto necesitamos. Exerceremos a nosa responsabilidade dun xeito digno, transparente”.

A cabeza de lista prefería agardar aos resutados do “escrutinio real” para emitir unha valoración. “Agora é prematuro dar ningunha opinión sobre estatísticas, porque a estatística non é a realidade, a realidade virá dentro dun par de horas”. Asemade agradecía aos medios de comunicación o seu labor.

Despois os membros de En Marea emprendían viaxe a Santiago, onde esta formación fará, da man do seu líder, Luís Villares, unha valoración dos resultados electorais.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.