A vila celebraba o Enterro da Sardiña na tarde do Mércores de Cinsa

 

Ao redor das oito da tarde do Mércores de Cinsa partía dende a praza Maior do Barco a comitiva fúnebre do Enterro da Sardiña. Portando o Meco, e entre versos e cantos satíricos, percorría o casco antigo da vila, mentres se escoitaban choros e lamentos.

Ao regresar á praza, o Meco era colocado no centro e facíase estoupar en medio dunha gran expectación. Entón as lapas daban conta do boneco que, simbolizando o remate da festa, desaparecía entre as chamas xunto co tempo de troula.

Deseguido repartíase chourizo e pan entre os asistentes. Deste xeito O Barco poñía fin ao Entroido.

Fotos: Ángeles Rodríguez