Co 3-0 ante o Riabadumia, os rapaces de Javi Rey conseguían o segundo triunfo da tempada en terceira división

O variado programa deportivo das Festas do Cristo que se desenvoleron no 13 ao 17 de setembro no Barco de Valdeorras, completábase na xornada do domingo cunha proba de orientación, outra de atletismo e unha terceira de fútbol.

Mentres no paseo do Malecón se celebraba a 31 edición da Milla Urbana, no campo de Calabagueiros o C.D. Barco enfrontábase ao C.D. Ribadumia, na quinta xornada de liga en terceira división.

Os barquenses comezaban atacando sen demasiado acerto ata que no minuto 15 Mitogo abría o marcador para os vermellos. Apenas tres minutos antes de chegar ao descanso, Raly marcaba o segundo tanto local. O dianteiro vermello volvía marcar, xa na segunda metade do encontro (minuto 63), sentenciando o encontro e sumando tres puntos de ouro.

Uns días antes, o mércores 13 de setembro, Barco e Arenteiro xogaban no campo de Espiñedo (O Carballiño) os vinte minutos que quedaban do partido suspendido pola saraibada o 27 de agosto. O resultado final mantíñase como quedara: empate a uns.

Con estos resultados, o equipo sénior do Centro de Deportes Barco sitúase no sétimo posto da clasificación. Na vindeira xornada, o domingo 24 de setembro, xogarán no campo do Laracha C.F. (no posto 12º).

Fotos: Mónica G. Bellver.