O director Óscar Doviso presentou en Verín a súa curta “O rebelde”

O Festival Internacional de Curtas de Verín-Vía XIV segue achegando profesionais do audiovisual á poboación verinesa. Nesta ocasión, na cuarta xornada do certame, era o director Óscar Doviso quen daba unha rolda de prensa xunto a Jorge Godás (membro do equipo do FIC) para falar sobre a súa última curtametraxe,  “O rebelde”, contando a historia do Alzamento de Pascua, ademáis de vincular a ópera rock coa súa obra.

A xornada continuaba ás seis da tarde co terceiro e último foro audiovisual, centrado na temática do Entroido. Moderado por Nola Sola, periodista de orixe verinesa con gran experiencia no sector, o encontro contou coa asistencia de Rosa María Rodríguez Portela, dona dun mítico bar de Verín, o que lle ten permitido ter unha visión única do Entroido. Tamén estaban convidados Luisiña, historia viva do Entroido verinés; José Rodríguez Cruz, escritor e etnógrafo;  Jorge Domínguez de Punxeito (Viana), comprometido coa defensa e conservación do Entroido; e Fanfán.

Jorge Godás e Óscar Doviso.

Jorge Godás e Óscar Doviso.

Continúa o vídeo mostra con imaxes dos refuxiados da man de Carlos Folgoso, e con respecto ás proxeccións, ás 18 horas comezaban na Casa da Cultura con sete pezas coa emigración como nexo de unión: “Salsa”; “Dent de lleó”; “Cómplices por accidente”; “Alone”; “56”; “Haters”; e “Cuco”. Ás 20 horas tiña lugar a proxección doutras seis curtametraxes, centradas no Entroido: “Criaturitas”; “O Moredo”; “La conmoción del silencio”; “Ulises”; e “Juegos de risa”. E xa a partires das 22:15 horas, realizarase o visionado de oito curtas relacionadas coas fronteiras: “Añadir contactos”; “El dibujo”; “Fronteras de energía animal”; “El Rebelde”; “Polo”; “Restart”; “Sin tu latido”; e “Vostok”.

Por outra banda, o Auditorio acolleu seis curtas sobre a emigración: “Share o no Share”; “Kamishibai”; “Stalingrado”; “The heat wave”; “17 años juntos”;e “Donde caen las hojas”.  E xa ás 22:15 horas terá lugar a proxección doutras seis curtas que tratan como tema principal o Entroido: “Ikal”; “Taller de corazones”; “El quimérico espectáculo de los Bizzaneli”; “Cruel perdón”; “Dieciocho”; e “Briue Gallagan”.

Público asistente ao foro sobre o Entroido.

Público asistente ao foro sobre o Entroido.